Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Fondo de Vila
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Construción popular de uso comunal composto de fonte e lavadoiro que recentemente foi restaurado, renovándose a súa cuberta, tanto o soporte como a tella.
Fonte da modalidade de capela e gorecida por unha cuberta de granito a dúas augas, aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en perpiaño aberto na súa fronte con arco decorativo, onde ten unha porta metálica. Dun dos laterais da capela, esta complementase con unha pía en granito de unha soa peza, para o gando con billa para enchela.
O lavadoiro disponse con varios cubos graníticos (3) nos que discorre a auga sobrante da fonte, pasando primeiramente polo que se utilizaba para que bebera o gando, pasando logo polos empregados para o lavado da roupa. Este último de maior tamaño, ten tres dos seus laterais con pedra inclinada para favorecer o refregado e puosadeiros para o xabón.
A cuberta está soportada por catro postes de granito que suxeitan unha estrutura de madeira a catro augas rematada con tella curva.
O conxunto está acondicionado ó seu arredor, complementado por varios pousadoiros de pedra a modo de bancos.
Fotos: M. Carmen Fernandez
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Foi restaurada recentemente.
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ESGOS/documents/26716ca118.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.343933Lonxitude: -7.67047
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84