
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: O Incio
Parroquia: Vilasouto (San Mamede)
Lugar: Belesar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situada preto do encoro de Vilasouto, no val do río Mao. Forma conxunto coa capela, un muíño situado xunto o río e outras dependenzas. Construción realizada en pedra de lousa, onde destacan as sete columnas cilíndricas sobre as que descansa a solaina, e a entrada en bóveda de canón.
Na fachada noroeste, sobre o arco de acceso principal da vivenda, hai un escudo realizado en mármore da zona, dise que esculpido sobre o esteo dunha anta proveniente dunha necrópole megalítica formada por sete mámoas descubertas no ano 1968. Hai quen ve nel a figura dun guerreiro galaico. Tamén foron esculpidos varios dados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OINCIO/documents/25758CA009.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6573875229Lonxitude: -7.42632865906
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Set 22, 2016
Pazo do século XVII de planta cadrada e teitume de lousa.
Na fachada principal destacan os sete piares feitos en cachotería que soportan unha solaina.
O pazo posúe un escudo de armas moi erosionadono que se pode ver unha cruz de Santiago rodeada de seis dados dos Somozas.
REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
Yebra de Hares, Antonio Benito. PAZOS Y SEÑORÍOS DE LAPROVINCIA DE LUGOS. Servicio de publicaciones Diputación Provincial Lugo. 1999.