Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ourense
Parroquia: Arrabaldo (SantaCruz)
Lugar: O Coto (Casar do Mato)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Petróglifo con gravuras de cinco combinacións de círculos concéntricos (dous deles superpostos), círculos simples, un estraño motivo de forma rectangular dividido en catro partes por dúas liñas perpendiculares que se cruzan na parte central, sucos de saída en varias combinacións e multitude de coviñas distribuídas por toda a zona frontal da laxe, moitos deles sobre as propias combinacións de círculos. Esta superposición de motivos leva a deducir que os motivos foron feitos en varios períodos. Cabe subliñar, pola súa singularidade, que as dúas combinacións de círculos concéntricos de maior tamaño, con catro e cinco círculos na parte central e superior da laxe respectivamente, presentan o último círculo de maior anchura recheo con liñas radiais que confiren unha gran plasticidade ós deseños. O petróglifo foi localizado durante as obras da autovía AP-53.
Fotos e información de Colectivo A Rula.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Web
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9578365
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3655518775Lonxitude: -7.99551486969
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84