Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Porqueira
Parroquia: Sabucedo (San Salvador)
Lugar: Rial
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Forma conxunto con fonte-lavadoiro, situados os dous ó carón do regueiro que cruza o pobo e preto da ponte.

Cruceiro situado no medio do pobo de Sabucedo, ó pé dunha fonte-lavadoiro. Consta de plataforma de catro gradas, unha delas pouco visible xa que foi parcialmente cuberta polo asfalto do camiño. Sobre a plataforma un pedestal cúbico serve de encaixe para o varal cilíndrico.
Un pequeno capitel xónico da paso á cruz, esta, latina de brazos cadrados que presenta a seguinte iconografía: no anverso un crucificado de tres cravos coa cabeza lixeiramente ladeada cara a dereita, as mans abertas e o pano de pureza coa lazada no lado dereito.
O reverso é o lugar reservado para a Virxe, é unha Soidade de tosca talla apoiada en peaña que aparece cos dedos entrecollidos sobre o peito. A cabeza lixeiramente ladeada cara a dereita e as pregas da indumentaria moi rectas e rudas.
Como curiosidade anotar que nun dos chanzos das gradas, ten varias coviñas, posiblemente para ofrendas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.altalimia.org/ficha_inmoble.php?id=030207
http://www.altalimia.org/pdf/030207.pdf
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=19179&ctre=55


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.026089
Lonxitude: -7.816443
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84