
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Mondariz
Parroquia: Lougares (San Fiz)
Lugar: O Couto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos cadrados, o superior moldurado. A súa base cúbica presenta unha inscrición que reza o seguinte:
“DONOLO
SAM —
AÑO DE 1607”.
O seu varal de sección cilíndrica posúe estrías, sendo na súa parte superior menos apertadas que no inicio.
A continuación o capitel, adobiado con rostros de anxo nas súas catro caras.
O conxunto remata nunha cruz tipo latina, na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe co Neno no colo, e cuberta cun grande manto, no reverso.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000032520
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONDARIZ/documents/0830CA001.PDF (Pax. 2)
http://www.alternativapormondariz.org/pxom/PxomMONDARIZ.htm
(Documento de aprobación inicial, PXOM Mondariz. Ficha E_009 – Páxina 144)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://cruceirosdegalicia.xyz/360300302.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2008). Cruces, cruceiros e petos DO CONCELLO DE MONDARIZ. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao e SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2008). Cruces, cruceiros e petos DO CONCELLO DE MONDARIZ. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2312372558Lonxitude: -8.40158388019
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 18, 2017
Inscrición na base do cruceiro.