
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: A Coruña (comarca) / Carral
Parroquia: Santa Baia de Cañás
Lugar: Balbén
Outra denominación do ben: A Fonte do Pío
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Situada á beira da estrada, preto do Pazo-Torre de Balbén na parroquia de Cañás (Carral); o manancial está na cemba da estrada, e preto del localízase tamén un lavadoiro de recente construción, en formigón armado, semellante aos moitos construídos durante o século pasado.
A fonte ten como elemento salientábel a pía de pedra, feita nunha soa peza, de forma ovalada, diámetro aproximado duns oitenta centímetros, e quince de groso. Presenta un burato de desaugue no seu centro e unha incisión na beira, que poida facer as veces de rebosadoiro tapando o desaugue, para poder encher un barreño sen ter que levantalo ata o cano. É cóncava e ten forma de cuncha, similar ás pías bautismais.
Descoñécese a data da construción, se ben é de época moderna, do século XX, quizais adaptando unha fonte xa existente. O resto dos elementos son un cano de auga de plástico e unha pedra con inscrición algo borrosa que semella indicar “A Fonte do Pío, 86”.
O conxunto é sinxelo e interesante, se ben necesitaría dunha mínima intervención de integración na paisaxe. Eliminando o cano de plástico e arranxando os chanzos feitos con bloques de formigón, mellorarían sensibelmente o conxunto.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2431368397Lonxitude: -8.3122985065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
pablo fernández ans says:
Xuñ 28, 2016
Xuñ 28, 2016
Responder
Presentouse recentemente, durante o período de exposición pública do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Carral, as alegacións correspondentes para incluir no catálogo do patrimonio a Fonte de Balbén, que na actualidade non se atopa recollida.
Os documentos do PXOM pódense acadar na páxina web do Concello de Carral: http://www.carral.es/pxom-carral/.