Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Santa Cruz de Lesón
Lugar:
Outra denominación do ben: Monte dos Carrascos
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Conxunto de petróglifos ubicados na plataforma superior dunha laxe, pero tamén nalgún dos outros penedos que conforman parte do mesmo batolito. Na plataforma (a representada na fotogrametría e na foto) obsérvanse petróglifos de dúas épocas: alomenos cinco combinacións circulares ubicadas na zona superior da laxe, das que unha delas sobrancea porque aproveita o relevo natural da rocha para obter un certo volume. Ao carón dela hai outra representación ovoide que aproveita outra protuberancia natural para compoñer unha figura a base de liñas concéntricas e pías aliñadas na zona superior. Gravadas sobre estas combinacións circulares e fóra delas atópanse un gran conxunto de cruces de distintas feituras e tamaños, das que algunhas constan de peaña e outras dun círculo na zona superior. As cruces están orientadas ao redor ou sobre as combinacións circulares, pero marcando un eixo ao redor dos motivos prehistóricos. Tamén hai cruces nas outras rochas que conforman o batolito. Forma parte dunha área algo máis extensa no que hai diferentes batolitos con cruciformes e alfabetiformes.


Fotogrametría:

Petróglifo de Pedra Leirada
by magago
on Sketchfab


Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15067022
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A Pedra Leirada ten unha numerosa tradición oral. Alí vive un encanto de sete reinados, que garda un tesouro que será descuberto pola pata dunha cabra.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
Os petróglifos foron dados a coñecer por Domingo Regueira.

GUITIÁN, Jorge; GUITIÁN, Xoán: “Arte rupestre do Barbanza. análise iconográfica e estilística de 99 petroglifos”. Toxosoutos, Noia (2001).

Un aspecto importante que pode xerar confusión é que a bibliografía sinala unicamente cruciformes nesta laxe. A nosa achega é a interpretación do conxunto de combinacións circulares, intuída nas visitas nocturnas e corroborada no uso de técnicas fotogramétricas.

ENLACES WEB
PXOM da Pobra do Caramiñal: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070no204.pdf (Pax. 5)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase preto dunha pista forestal de gran actividade, dentro do contexto dunha explotación privada de eucaliptos.


Onde está localizado

Latitude: 42.6121421541
Lonxitude: -8.96870076656
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84