Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Melide / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: Melide (San Pedro)
Lugar: Melide (O Castro do Castelo)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Fonte dunha soa peza granítica cadrada, máis ancha no seu primeiro terzo diferenciándoa por unha moldura. No resto da parte superior cuadrangular ten as esquinas rematadas en chafrán. Nunha das caras sobresae un abultamento circular na cal, ten a billa que bota auga noutra peza, unha pía circular cunha grande escocia e moi desgastada. A fonte remata nunha especie de capitel cuadrangular moldurado.
Segundo nos comenta Xurxo Broz Rodríguez e Cristina Vázquez Neira, “esta fonte atopábase ata principios dos anos 90 do século pasado (SC. XX) no centro da Praza do Convento de Melide. Data do ano 1889 cando o Concello promove a instalación de fontes públicas na vila (esta da Praza do Convento e outra que hai no centro de Melide, denominada do Pilón ou dos catro canos, que se cree que procede dun claustro do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, desamortizado no ano 1836). O motivo da instalación destas fontes é o de que non había este servizo público no centro da poboación”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9136480591
Lonxitude: -8.01834560936
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84