Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Coruña (comarca) / Abegondo
Parroquia: Sarandós (Santa María)
Lugar: Aquelabanda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela de San Xoán situase á beira da estrada de Carral-Montouto, no Camiño Inglés de Santiago (A Coruña-Santiago), moi preto da ponte do rio Barcés. Trátase dunha capela sinxela de planta rectangular duns 5 por 8 metros de muros de cachotería de granito e cuberta a dúas augas con tella cerámica, cunha porta de entrada xunto cara á estrada, alintelada, e unha pequena fiestra na súa cara sur. Presenta unha decoración dunha liña de imposta recta na fachada principal, dividindo a porta do salientábel escudo no muro piñón, rematado cunha albardilla gardavento en pedra e unha cruz de ferro no cume dela. O escudo no frotispicio é das familias dos Andrade, Moscoso e Armanda.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000039042
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
ROCHA CARRO, XoÓn Xosa: “Abegondo, un curruncho das mariñas”. Ed. IEVA, 1996

LIGAZÓNS NA WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca007.PDF (p. 15)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Aínda que o estado de conservación exterior é bó, existen elementos e engadidos construtivos posteriores, completamente discordantes co conxunto, habituais dun mal entendido desenvolvemento construtivo, coma son os acerados e arquetas de saneamento, canalóns e baixantes de recollida de augas de PVC gris, aderezados con elementos da traída eléctrica de baixa tensión, ós que hai que engadir valados das fincas proximas, que ben poideran ser todas elas melloras a facer para unha adecuada integración da capela ao pé do Camiño Inglés de Santiago.


Onde está localizado

Latitude: 43.2239761978
Lonxitude: -8.33512544632
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84