Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Sésamo (San Martiño)
Lugar: Outeiro de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal moldurado. O varal é cilíndrico con molduras estriadas triangulares e de diamante. Ten un capitel circular, con astrágalo circular e ábaco de lados curvos cos vértices achafranados e decoración floral no centro. A súa cruz é cuadrangular e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita lixeiramente caída cara adiante cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á súa dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2770194181Lonxitude: -8.38787231595
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84