
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Trazo
Parroquia: Santa María de Restande
Lugar: Casal do Mato
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Foi reconstruido no século XVII, estando actualmente habitado e en bo estado. Ten unha longa balconada apoiada en ménsulas e protexida con balaustrada de pedra que percorre gran parte da fachada do pazo. Na fachada conserva un pequeno escudo de armas, pertencente ás familias que o habitaron. Os muros son de cachotería contrastando coa cantería dos esquinais, marcos dos vans e liña da cornixa. Cuberta a varias augas, con cubrición de tella curva. O pazo áchase rodeado dun muro perimetral de cadeirado e cachotería.
D. Antonio Varela e Ardeleiros, señor do Pazo de Lens, Rioboo, e Vilouchada casou con Dª Francisca de Leis e Vilardefrancos, dona da Casa e Pazo de Vilacoba tendo unha filla. Dª María do Carme Varela de Leis, dona das casas de Lens, Rioboo, Vilouchada, e Vilacoba. Casou con D. José Leis e Santiyán señor dos coutos de Edreiras e de Mira, e a casas de Soesto e Boallo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.04294318299446Lonxitude: -8.58005940914154
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
franjopadin says:
Out 23, 2011
O pazo de Vilacoba figura no catálogo de bens culturais do PXOM do Concello de Trazo (páxina 73).
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TRAZO/documents/0383CA005.pdf
QUÉ VER EN TRAZO, la puerta norte de Santiago says:
Xan 19, 2022
[…] Este pazo se encuentra en las inmediaciones y a día de hoy sigue habitado. Destaca por su balconada y el escudo de armas que deja constancia de las familias que allí habitaron. Del mismo modo, en la parte trasera guarda un precioso hórreo y un palomar en perfecto estado de conservación. Puedes leer más sobre él aquí. […]