Igrexa de San Salvador de Taragoña
Catalogouno Oscar Franco o Feb 22, 2016 • 6:18 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Rianxo
Parroquia: Taragoña (San Salvador)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A igrexa parroquial de San Salvador de Taragoña data do século XVII. Está feita a base de perpiaño granítico, e posúe planta de cruz latina cunha soa nave, e dúas pequenas capelas laterais de planta cadrada. A súa cuberta é a tres augas. A fachada principal, parcialmente reconstruída no ano 1863, posúe dúas pilastras laterais que sosteñen un frontón triangular; por riba da porta de acceso un oco semicircular. O conxunto remata nunha torre-campanario feita no ano 1865, de planta cadrada e tres corpos divididos por cornixas molduradas, e con remate en cúpula peraltada. No interior destaca a bóveda de canón rebaixada da nave principal. Tamén se pode ver un coro de madeira aos pés da nave.
O acceso ao presbiterio realízase a través dun arco de medio punto apoiado sobre pilastras, ao igual que as dúas capelas, cubertas por bóvedas de canón.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://concelloderianxo.gal/pxom (Documento de aprobación inicial PXOM ano 2014. Catálogo 3.1. Ficha A-019, p. 19)
http://omarfeitotradicion.gal/capelas-e-ermidas
http://www.xenealoxiasdobarbanza.es/outras-capelas-3-1.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6734159498Lonxitude: -8.82832467556
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84