Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Pastoriza (Santa María)
Lugar: Pastoriza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Situado no alto de Pastoriza dominando toda a contorna (Agra de Rañobre, Suevos, Nostián e o val de Arteixo), acada unha altura de 242 metros sobre o nivel do mar. Trátase dun asentamento que foi fortificado a través de dúas estruturas circulares concéntricas e que posúe uns 190 metros de diámetro no seu perímetro exterior cunha muralla de pedra en toda a contorna e que conta cunha superficie total dunhas 3 ha. O recinto principal ou interior, circular con tendencia ovalada, ten unhas medidas de 140 metros de diámetro norte-sur e 160 metros no eixe leste-oeste, conta cunha superficie duns 1,85 ha. e está defendido na súa parte norte por unha dobre muralla de pedra, un terraplén que acada os 10-15 metros de altura cara o exterior, un foso e outra defensa de 1,5 metros rematada nunha ladeira de terra escarpada; a súa altura vai diminuíndo ao leste; Na cara oeste temos dobre muralla, unha terraza e unha terceira muralla. A ladeira sur é escarpada de rochas e penedos tamén con dobre muralla, a exterior de pedra. O acceso ao castro semella estar polo sur. No interior do castro poden observarse o que poden ser estruturas propias do xecemento, pero pola cuberta de toxos e xestas é moi difícil precisalo.
O castro, actualmente, sitúase entre unha liña eléctrica de alta tensión ó sur e un gasoducto ó norte. Os penedos próximos ao castro foron aproveitados para a extracción de pedra e o cumio empregouse como lugar de peregrinación cristiá. Na cara surleste, ó pé da muralla, hai un petón cunha pequena cova e un pouco máis arriba unhas pedras que son tratadas como un pequeno altar. Aínda hoxe hai quen vai depositar un ramiño de frores nesa esquina do castro que está a mirar cara ó altar que hai máis abaixo onde se sitúa a Virxe da Pastoriza.
Comentar que este castro está a uns 1600 metros dese castro único en Europa, chamado Castro do Cociñadoiro, datado do século IX antes de Cristo, na punta de Muros ou punta Langosteira e desaparecido ou destruído pola obra do porto exterior. Outros castros de interés que están moi pertos son o de Nostían, a 2300 metros, O Castro de Laxobre a 4300 metros, a Penouqueira a 4400 metros e o Castro de Figueroa a 4500 metros. Dicir que estas medidas son en liña recta.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A multitude de plantacións de eucaliptos nas súas murallas e unha recente plantación na cara norte coa roturación do terreo que abrangue un parapeto e foso e chega ata metade do terraplén, fan que este xacemento corra un serio risco de destrucción parcial do xacemento.
Onde está localizado
Latitude: 43.3370368792Lonxitude: -8.47268968842
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
elixiovieites says:
Feb 23, 2016
Planos lidar do Castro de Pastoriza. Arteixo
CDIX http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html
elixiovieites says:
Feb 23, 2016
Ortofoto do Voo Americano do 1956 do Castro de Pastoriza. Arteixo
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html
Oscar Franco says:
Mar 10, 2016
A prensa escrita do 10 de marzo de 2016 recolle a denuncia da destrución deste castro para plantar eucaliptos:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/03/10/guardia-civil-investiga-destruccion-castro/1049426.html
Oscar Franco says:
Abr 10, 2016
Continuando co comentario anterior, a prensa recolle a noticia da detención dun veciño do lugar:
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/04/08/detenido-vecino-arteixo-destruccion-castro/1058271.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/04/08/galicia/1460136770_639684.html
elixiovieites says:
Xan 10, 2018
Un traballo sobre o Castro de Pastoriza.
http://cronicasdearteixo.blogspot.com.es/2018/01/o-castro-de-pastoriza.html
Oscar Franco says:
Nov 27, 2020
O Concello de Arteixo expropiará os solares deste castro para levar a cabo un proxecto de conservación e limpeza co fin de recuperalo e poñelo en valor.
Así o anuncia a prensa dixital do 25 de novembro de 2020:
https://galego.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2020/11/25/arteixo-expropiara-solares-castros-pastoriza-25599026.html