Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Barreiros / Mariña Oriental (comarca)
Parroquia: Reinante (San Miguel)
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio pertencente ao estilo denominado comunmente “casa de indianos” e feita en 1926 para Alfonso Renduélez e Julia Rocha.
A casa é de planta case cadrada e con dous pisos de altura e baixo cuberta con acceso a unha azotea soportada por piares que configuran un corredor no primeiro nivel e un zona porticada na planta baixa. A fachada principal e o lateral esquerdo conéctanse a través dunha gran rotonda que nos dous primeiros niveis intégrase no corpo do edificio e na terceira planta supera á altura da casa elevándose sobre a cuberta. Este corpo en forma de torre coróase con cúpula nervada na que se abren catro bufardas que lle dan luz e ventilación. Este singular elemento constitúe o elemento máis significativo do inmoble, á vez que permite vincular o seu deseño ao estilo ecléctico francés derivado do II Imperio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Casas de Indianos. Xunta de Galicia
http://emigracion.xunta.gal/files/ebiblioteca_files/Casas_de_Indianos.pdf
Páxina 341 e seguintes

Sobre as Casas de Indianos no concello de Barreiros
http://indianos.benquerencia.info/indianos/indianos_barreiros.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5438977865
Lonxitude: -7.18788027763
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84