
Outra fotografía:
Tipo de ben: Lavadoiro,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (Santiago)
Lugar: Carreira dos Canos - Allariz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Antigo lavadoiro popular cuberto construído en perpiaño granítico ben dimensionado e escuadrado (opus quadratum).
De planta poligonal e cuberta a dúas e tres augas, en función da tipoloxía edilicia da que se trate, este inmoble foi construído para facer a función de lavadoiro público ao servicio dos veciños/as.
Foi restaurado polo Concello para acoller un obradoiro de pintura artística.
Polo seu lado sur ten unha fonte con pilo e frontón decorado de gran altura e con remate triangular, ten molduras decorativas e na cima pináculos decorativos con bola.
No lado norte outro pilo e a súa dereita pequena porta de entrada alintelada. No seu perímetro ten unha ducia de ventás rectangulares.
En tres das súas caras laterais ten banco corrido de pedra, apoiado sobre pés rectangulares tamén en granito.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.allariz.com/recursos/catalogo_patrimonio_1.pdf (Pax. 156-157)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.187565Lonxitude: -7.797439
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




