
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago de Compostela - Cidade Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O castro atoparíase nunha zona relativamente elevada e con fortes pendentes en boa parte do perímetro. Aínda que na actualidade non temos evidencias arqueolóxicas, a zona está catalogada como un subámbito de singular potencialidade e protección arqueolóxica. Consérvase, iso si, a toponimia relativa ao castro no rueiro da cidade.
Na zona atópase a igrexa de San Fiz de Solovio que dá nome ao castro. Conta a lenda que no lugar onde está a actual igrexa moraba o eremita Paio, descubridor da tumba do Apóstolo no ano 813. Luis Monteagudo en 1947 presupoñía que a necrópole que dou pé á “inventio” do apóstolo pertencería a este castro.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15078030 subámbito A3
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.PDF (p. 11)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Non se coñecen evidencias arqueolóxicas actualmente, atópase nunha zona urbana que sufriu múltiples modificacións ao longo da historia.
Onde está localizado
Latitude: 42.879475532Lonxitude: -8.54216817051
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




