Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Pombeiro (San Vicente)
Lugar: Bazal
Outra denominación do ben: Capela da Nosa Señora
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela de pequenas dimensións feita a base de perpiaño irregular, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. Os muros laterais aparecen rebocados en cemento.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso con arco escarzano. Por riba dela un pequeno oco. O conxunto remata nunha esvelta espadana con arco de medio punto e remate en pináculos e cruz pétrea.
O interior gardaba un retablo do ano 1737, cun coste de 100 reais, e unha imaxe, todos eles desparecidos.
No ano 1707 fundouse a confraría da Visitación coa finalidade de atender ao culto da ermida e honrar aos defuntos.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://fervatasil.wordpress.com/arquitectura/las-ermitas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4625068011
Lonxitude: -7.71645516157
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84