Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Pantón / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Pombeiro (San Vicente)
Lugar: A Torre de VIlamirón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pequena capela feita a base de perpiaño granítico irregular, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na súa fachada principal podemos ver unha porta de acceso e, por riba dela, un ocelo.
O conxunto remata nunha curiosa espadana feita en cemento con cruz férrea no cume.
No seu interior destaca un retablo con tres fornelas, coas imaxes de Santa María, San Pedro e unha última con vestimenta romana e unha espada na man.

A capela atópase no lugar onde antano estaba a antiga Torre de Quitapesares. Desta torre so quedan algúns perpiaños soltos nun dos laterais da capela e en varias vivendas do lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

O día da festa se xuntan os pobos limítrofes da Torre e Vilamirón.
No pasado, os lugareños facían un palco con táboas e ramallada.
Antigamente no día de San Bartolomé cocíase unha bola de pan e se bendecía. Ese pan, que se mantiña sempre fresco, tiña poderes milagreiros como o de apagar o lume alí onde se botaba.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://fervatasil.wordpress.com/arquitectura/las-ermitas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4696040577
Lonxitude: -7.68684625626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84