Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Camariñas
Parroquia: Camariñas (San Xurxo)
Lugar: Area da Vila
Outra denominación do ben: Muíño da Braña da Area da Vila.
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Típico muíño de rodicio, sinxelo e elemental, de planta rectangular de 4 x 5 metros e cos muros de cantería de granito feita con bloques de diferentes dimensións e cachotería, nos que se abre a porta de entrada como único van, ademais do necesario para dar paso á auga da canle do Rego do Apio. Sobresae da súa fachada un pousadoiro para os cestos. Estivo cuberta a dúas augas, posiblemente con tella curva do país. Atópase nun grave estado de abandono. Segundo un dos descendentes deste muíño que viña sendo de dous socios, traballaba as 24 horas do día na que se relevaban os socios cada doce horas e traballou ata principios dos sesenta ata a aparición dos muíños eléctricos de Cerdeiras.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMARINAS/documents/27721ca006.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1385892997Lonxitude: -9.17868509891
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84