Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Areas (Santa María)
Lugar: A Gándara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Este cruceiro, situado nun antigo Camiño Real, nace sobre un chanzo de recente factura. A súa base cadrada posúe a seguinte inscrición:
“AÑO DE 1851
ESTA OBRA MAN
DO HACER DOMIN
GO DA VEHA”

O seu varal é de sección cadrada coas arestas rebaixadas. A continuación o capitel moldurado.
O conxunto remata nunha cruz cos extremos dos seus brazos potentados.
O cruceiro non se atopa no seu lugar orixinal. Foi movido por mor do tráfico na década dos 90 do século XX.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Cando o cruceiro se atopaba na súa posición orixinal, a procesión do Xoves Santo daba a volta á súa contorna.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDWXVzdG10bFoySDA&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 17)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360420302.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Moné: “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.179804473
Lonxitude: -8.52693557739
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84