Outra fotografía:

Tipo de ben: Recinto ferial,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

No ano 1882 proxéctase en Noia a construción dunha Praza de Abastos entre as rúas do Ribeiro Grande e Besteiros, incluso se chega a realizar un plano do terreo onde se pretende a súa instalación. Sen embargo será o Malecón de Cadarso onde se vai situar dita praza. A principios dos anos vinte a “Unión Comercial e Industrial de Noya” presenta unha moción para a realización dun novo edificio, no que nesa época era a xunqueira de San Lázaro. Despois de varias sesións no concello, o 21 de Novembro de 1927, un concelleiro propón que o emprazamento máis adecuado é o Malecón de Gasset. No ano 1942, despois da compra dos terreos e trámites, encarga ao arquitecto Bescansa Casares a elaboración do proxecto. Haberá que agardar ao 21 de xullo de 1950 no que se acorda destinar 1.910.000 pesetas ao proxecto.
O edificio de formigón armado, conta na planta baixa con tres portalóns de servizo para a entrada de produtos e persoas. O do medio está enmarcado entre dúas pilastras que sobresaen da fachada e a súa parte superior remata nun amplo arco. Na segunda planta ten grandes ventanais para dar luz ao amplo interior do edificio. A fachada principal remata amosando uns pináculos que enmarca un pequeno frontón en forma de semicírculo co escudo de Noia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

García Vidal, Pedro. A Noia da Memoria, Pasado e presente dun casco histórico:Evolución urbana.
Edita concello de Noia 1991. ISBN.84-87879-01-2
Na esquina inferior esquerda coa letra C de edificio “comercial” dunha páxina do Plano especial do Casco Histórico en :
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252OT011.jpg
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/1610CA218.pdf
(pax 2,ficha do elemento)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7822558638
Lonxitude: -8.88735473156
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84