
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Meira (Santa Eulalia)
Lugar: Reibón
Outra denominación do ben: Ermida de Samertolameu
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena e sinxela capela situada no outeiro da illa, feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado. Posúe planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na fachada podemos ver a porta principal de acceso con arco escarzano e coroando o conxunto unha espadana en posición central, dun só van e coroada por unha cruz pétrea.
No seu interior venéranse as imaxes de San Fernando, San Roque, San Bartolomeu e a Virxe do Carme, que o día da festa chegan en procesión dende a igrexa de Santa Eulalia de Meira.
A capela foi construída no 1722 sobre outra edificación anterior do século XVI.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Na festa de San Bartolomeu é tradición pasar tres veces por debaixo do santo para quitar o medo mentres se recita: “San Bartolomeu dáme o teu medo e toma o meu”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.concellodemoana.org/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=26 (Ficha de arquitectura nº 1. PXOM ano 2010)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MOANA/documents/0824CA003.PDF (Páxina 1)
http://viveomorrazo.com/gl/capela-de-samertolameu
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2840019028Lonxitude: -8.72046500444
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84