
Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Noia
Parroquia: Noia (San Martiño)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A preocupación da burguesía decimonónica de facer máis pracenteira a vida na cidade e darse unhas mellores condicións de vida, fai que se empecen a planear amplos espazos de lecer. Un feito fundamental que vai axudar a crear estes lugares é a desamortización do 1836 de bens eclesiásticos, que puxo nas mans do concello de Noia as hortas pertencentes aos edificios relixiosos. Nuns lados constrúense edificios e mercados e noutros prazas públicas e xardíns. A valoración do sol e o aire libre e o esparexemento son os eixos desta nova idea. Ao longo dos anos 1849-50-51 e 52, nos libros de actas múltiples atopamos referencias á plantación de todo tipo de árbores con intención de repoñer os tallados ou os que van secando. A madeira procedente das cortas de estes árbores era vendida en poxa pública e o diñeiro destinábase ao Hospicio. Como elementos a destacar está o palco da música, o primeiro databa do 1893 e o actual é de 1950, e os fermosos bancos de pedra con respaldos de ferro fundido con complicada filigrana. No 1880 comézase o gran busto de Felipe de Castro que se remata 4 anos despois. Nun xardín que remata o conxunto hai un busto do escritor Avilés de Taramancos e unha escultura dedicada á poeta María Mariño.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Pedro García Vidal.A Noia da Memoria, Pasado e presente dun casco histórico:Evolución urbana. Edita concello de Noia 1991. ISBN.84-87879-01-2
No plano de Noia en zonas verdes, (en Gris)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/0252SX006.jpg
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/1610CA005.pdf (pax.4)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.785212602121Lonxitude: -8.8880896568298
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




