Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Noia (comarca) / Porto do Son
Parroquia: Goiáns (San Sadurniño)
Lugar: Valcunqueiro (Agra do Rodo)
Outra denominación do ben: O Rodo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro sitúase nun outeiro na ladeira oeste das estribacións da Serra do Barbanza, na súa caída cara á costa, a 650 metros ao sueste do lugar de Valcunqueiro, moi cerca da denominada Agra do Rodo. Está a unha altitude de 117 metros e a 1,2 km. en liña recta da liña de zona costeira de Portosín. Polo sur pásalle un regueiro que baixa do alto do Outeiro da Malda, que fai por este lugar unha pequena, pero profunda valgada. Segundo as imaxes lidar a súa croa, de forma ovalada alcanza uns 85 m. en dirección norte-sur e 70 m. leste–oeste. Estaría rodeada dun parapeto, culminando os terrapléns do que está rodeada. Apréciase que pola parte leste as pendentes son moi pronunciadas, e na súa banda sueste vese o que parece ser una segunda muralla na parte baixa do asentamento, e onde parece que estaría o camiño de entrada ao castro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://portodoson.info/PXOM_PDSON/PXOM_PORTODOSON.htm
Tomo IV (pax. 281 do pdf)
Plano de pendentes (CDIX) da zona do castro. Esquina inferior dereita da imaxe
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0119A-0704.pdf
plano 1/5000 da zona.
http://portodoson.info/PXOM_PDSON/Planos/Ordenacion/Serie-O2/02D.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7509514508
Lonxitude: -8.93645524979
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84