Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Allariz-Maceda (comarca) / Baños de Molgas / Maceda / Paderne de Allariz
Parroquia: Betán (San Martiño)- Piuca ou Araúxo (Santa María) e Figueiroá (San Xillao)
Lugar: Monte Cubreiro
Outra denominación do ben: Cruz do Coello
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

En pleno Monte Cubreiro, na chamada Pena Salada ou comunmente coñecida como Penedo do Coello, atopamos esta cruz de termo de tipoloxía cristiá.
Consta de dous sucos, un deles duns 25 cm. e o outro de uns 15 cm., cruzados a 90º. Teñen os dous un ancho de 2 cm. e unha fondura de 4 cm. aproximadamente. Os extremos dos brazos da cruz están rematados en coviñas duns 5 cm. de diámetro.
Indica o punto común aos concellos de Baños de Molgas, Maceda e Paderne de Allariz e as súas parroquias de Betán (San Martiño), Piuca ou Araúxo (Santa María) e Figueiroá (San Xillao).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.264376
Lonxitude: -7.704432
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84