
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño)
Lugar: Chan de Castiñeiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:
Esta mámoa de Chan de Castiñeiras pertence a unha necrópole megalítica conformada por, cando menos, nove túmulos funerarios. Está situada na beira dunha pista sen asfaltar, a uns 25 m ao Norde da mámoa nº 3, e a uns 140 m tamén ao Norde da coñecida como mámoa do Rei, ou Chan de Castiñeiras nº 1.
A mámoa foi escavada en varias ocasións, afectando as intervencións principalmente á cámara funeraria. Esta foi recentemente reconstruída, e presenta unha planta poligonal, alongada, de uns 2 x 1 metros, sen corredor, formada por oito esteos ou chantos de pedra de gran. Fáltalle tan só a tampa. Nun dos ortostatos hai gravados modernos.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36058030
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Antonio de la Peña Santos, Antón A. Rodríguez Casal:
“Estudio de los materiales conservados de tres sepulturas megaliticas (peninsula de Morrazo, Pontevedra)”. Gallaecia, Nº 2, 1976 , páxs. 55-85. ISSN 0211-8653.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Aínda que reconstruída recentemente, carece de sinalización, e está tapada cun plástico que non evita que os domingueiros aproveiten a cámara como verquedoiro de lixo.
Onde está localizado
Latitude: 42.35958842264272Lonxitude: -8.67247223854065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84