Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Friol
Parroquia: Trasmonte (Santiago)
Lugar: Bouzaboa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Dise que recibe este nome porque nun dos seus extremos a pedra prolóngase a xeito de fuciño ou bico, quizais dun descoñecido animal que en tempos pretéritos deambulaba por estes lugares. Na parte inferior da pena, nun pequeno acubillo, vese unha gran pía escavada na pedra, cremos que de carácter antrópica. Tamén puidemos ver unha pía (posiblemente natural) e varias coviñas artificiais distribuídas en dous grupos.
O que si chama a atención é o equilibrio que mantén a enorme rocha pois, apoiada sobre outra gran pena, o seu contacto con esta é minúsculo (lémbranos a Pena Abaladoira da Picaraña, en Ponteareas). É máis, semella que mantén o equilibrio grazas a un carballo que medrou entre as fisuras da rocha inferior.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Nalgunha parte vimos publicado que ao redor da Pena Bicuda circula outra lenda case cuspidiña, por non dicir idéntica, á que vimos na Pena Castrela, polo que cremos que se trata dunha confusión.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
O Noso Patrimonio: http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/duas-enigmaticas-penas-en-friol.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1124953236Lonxitude: -7.79445379972
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Mar 29, 2016
A Pena Bicuda en http://galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es/search?q=trasmonte