Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Padrón / Sar (comarca)
Parroquia: Cruces (Santa María)
Lugar: A Angueira de Suso
Outra denominación do ben: Casa das Meigas
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A Pena Angueira defínese coma una asentamento fortificado de época medieval situado nun esporón rochoso da ladeira noroeste do Monte das Cruces. Está a 287 m. de altitude e conta cun amplo control visual do territorio da contorna, e sobre todo do fondo do val da Depresión Meridiana e o paso natural que vai de Iria a Compostela. Temos que apreciar que non controla visualmente a zona de Iria e de Padrón e si o tramo de camiño que atravesa esa zona.
Supoñemos que esta fortificación estaría dentro do contexto defensivo doutras existentes na zona, e quizais complementándose, coma o Castelo Redondo (382 m. de altitude) no concello de Padrón, a 3 km. ao sur, en liña recta e en situación orográfica moi parella; o Castelo de Oleirón (480 m. de altitude) e A Costolla (317m.) as dúas en fronte mesmo de Pena Angueira e na parte occidental do Val, a unha distancia de 5 km en liña recta, dirección noroeste, no concello de Brión. A Pena da Mira a 6,5 km. ao norte, en Monte Picón (207 m.) dende onde se divisa o val cara ao sur e a cidade de Santiago cara ao nordeste, e o Monte San Marcos (350 m.) no extremo norte do val da Amaía dominando dende o norte do concello toda ruta da Depresión Meridiana, estes últimos asentamentos no concello de Ames.
O esporón de Pena Angueira componse dunha serie de afloramentos graníticos que van do suroeste ao noreste ao longo duns 80 m. de lonxitude onde se poden apreciar rebaixes e cortes nos penedos e un muro lonxitudinal pouco apreciable debido a densa vexetación. No traballo de José C. Sánchez Pardo e Carlos J.Galbán Malagón podemos ler:.. “Deste xeito, o conxunto tería forma ovalada, cunhas dimensións en torno a 100 x 35 m. En todo caso hai que sinalar que o sector sureste é o máis vulnerable e accesible. No extremo suroeste do lugar apréciaseun derrube de mampostería, que probablemente formaba parte dese mesmo muro. Igualmente, no lado leste apréciase un derrube máis extenso de mampostería por baixo do muro anteriormente mencionado, que podería corresponder a unha segunda liña defensiva ou muralla. Entre ambos créase unha pequena plataforma.O muro está realizado con mampostería de granito, aínda que inclúe algúns bloques mellor traballados que poderían considerarse sillares ou perpiaños . Os bloques presentan distintos tamaños (entre os 25 e 100 cm.) e moi probablemente foron extraídos do mesma contorna. Consérvase unha altura de 80 cm. de media e posúe un ancho medio de 1,25 m., aínda que a ficha do xacemento fala de zonas nas que os muros alcanzan os 3 m. de anchura. En xeral dá a impresión de ser unha técnica distinta e moito máis refinada que en ditos xacementos da contorna como Castelo Redondo ou Castelo de Oleirón, con bloques de maior tamaño e mellor escuadrados. Non se identificaron restos cerámicos, aínda que a vexetación é moi densa.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 15065007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catálogo Arqueolóxico PXOM do Concello de Padrón, 1994.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADRON/documents/0304CA001.PDF
pax. 7
Sánchez Pardo José C. ; Galbán Malagón Carlos J.:
Fortificaciones de altura en el entorno de Santiago de Compostela.
Hacia un primer análisis arqueológico comparativo
Acceso ao traballo http://nailos.org/nailos-2-2015-art4/

Rodrígues Resino, Álvaro. Comunidades rurales, poderes locales y señorío
episcopal en la tierra de Santiago de los siglos V a XI: una visión
desde el registro arqueológico .
http://www.aranzadi.eus/fileadmin/docs/Munibe/2008219245AA.pdf
(nomeado en pax. 10 do pdf dentro do apartado 2.3. Fortificaciones altomedievais)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7920625583
Lonxitude: -8.63396644592
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84