
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Ermida, Petos de ánimas,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Valeixe (Santa Cristina)
Lugar: Mourelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este conxunto está formado pola capela, o cruceiro e o peto de ánimas.
* A Capela, recentemente restaurada, é unha construción tipo baldaquino feita en pedra granítica de planta octogonal cunhas dimensións de 4,20 m. en catro dos seus lados e 1,10 m. nos outros. Tres dos laterais grandes son abertos, estando protexidos por unha grella de ferro. Os laterais pequenos son cerrados, tendo 4 peañas exteriores e 4 interiores.
O conxunto remata nunha espadana dun so oco con remate en pináculos e cruz pétrea. A cuberta é a catro augas.
* O cruceiro: nace sobre tres chanzos cadrados. A súa base, de sección cadrada coas arestas achafranadas, posúe unha inscrición que di:
“SANTIC(si)MA CRUZ D(e) M F D(e) FEITUXERAS
POR AUS(i)L(i)O D(e) UN D(e)B(o)TO D(e) M(ari)A S(antisim)A M(adre) D(e) D(io)S SaNa (Susana?) LLAMOUZO
DESTA FR(eguesí)A D(e) S(an)T(a) CHR(is(T)in)A D(e) BALO
A(nno) D(omini) 1778”
No seu varal, de sección octogonal, aínda é posible ver uns debuxos cos símbolos da Paixón.
O capitel está decorado con follas superpostas. Remata a cruz cadrada na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo e sobre unha pequena peaña con forma de rostro humano.
Este cruceiro aínda conserva a súa policromía orixinal.
* O peto de ánimas atópase no muro exterior da capela, na columna da dereita. Amosa unha cartela que di “LIMOSNA”. O peto ten forma de cuncha de vieira, e as esmolas caen nun caixón que se atopa no interior da capela.
A capela atópase nun amplo torreiro, no que tamén podemos ver un pozo de agua e unha edificación para o día da festa.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Antigamente no día da festa se celebraban numerosas poxas.
Hoxe en día aínda subsiste a ofrenda do aceite.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.caniza.org/?_=/el-ayuntamiento/parroquias/parroquia-de-valeixe&lang=es
https://cruceirosdegalicia.xyz/360090903.html
http://arteenmipueblo.blogspot.com.es/p/blog-page.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello da Cañiza. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1513879344Lonxitude: -8.27149003744
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
Oscar Franco says:
Abr 7, 2016
Detalle da inscrición na base do cruceiro.
Oscar Franco says:
Abr 7, 2016
Detalle dos debuxos cos símbolos da Paixón.
Oscar Franco says:
Abr 7, 2016
Outro detalle dos debuxos do varal
Oscar Franco says:
Abr 7, 2016
Detalle do Peto de ánimas.
evaristo gonzález balbuena says:
Xuñ 15, 2016
Non é un peto de ánimas, é un recadador de cartos. Cando o coñecín, hai 40 anos polo menos, había dous buracos nas esquinas da capela que puñan “millo” e “aceite”. Anos despois mudaron unha para “limosna” e taparon a outra. Nunca foi un peto de ánimas, nen hai imaxes nen nada ligado a iso.
Para min é un cruceiro románico chantado nun lugar de veneración precistiana, a capela exterior foi feita na data escrita no pé do cruceiro.
adela suma says:
Xul 10, 2016
Coma información complementaria, engado o enlace á ficha do catálogo (páxina 1) do PXOM (2003) da capela:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA004.PDF
e aficha do esmoleiro (páxina 2):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA006.PDF
adela suma says:
Xul 10, 2016
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html