Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Valeixe (Santa Cristina)
Lugar:
Outra denominación do ben: O Palacio
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación de medio tamaño feita en pedra granítica, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. As reformas posteriores romperon coa súa forma orixinal.
No conxunto destaca a súa solaina barroca (hoxe moi reformada) e a súa torre lateral.
No portalón de acceso á finca destacan dous escudos: o da esquerda, cuarteado en cruz, posúe as armas dos Gil de Araujo; o da dereita recolle a alianza das familias Troncoso Lira e Soutomaior coa familia Gil de Araujo.
No mesmo portalón consérvase unha inscrición coa data de 1180, que moi posiblemente pertencía ao primitivo edificio.
No interior da finca tamén podemos ver un hórreo de tres pares de pés, e un pombal.
Este pazo foi morada habitual dos sucesivos abades da parroquia que estiveron vinculados historicamente ao pazo dos Barreiros, situado na parroquia de San Xurxo de Vilar (Crecente), dende que Basilio Gil, abade da freguesía de San Eusebio de A Peroxa, fundara o vínculo e morgado polo que os sucesores deste tiñan o dereito de presentación do beneficio curado de Santa Cristina de Valeixe.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://turismoriasbaixas.com/web/portal-web/inicio#!/descubre/encuentra-tu-recurso/recursopan1?content=280379410
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=7248&ctre=36
http://turismoriasbaixas.com/web/portal-web/inicio#!/descubre/encuentra-tu-recurso/recursopan1-280379410-pazo-de-valeixe

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. SUS PAZOS. Turismo Rías Baixas.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1694311871
Lonxitude: -8.27328443527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84