Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Dozón
Parroquia: Dozón (Santa María)
Lugar: Dozón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular co presbiterio máis elevado que o resto da nave e sancristía acaroada no seu lado oeste. Feita a base de cadeirado granítico e tellado a dúas e catro augas. Conserva características do antigo templo románico, coma a portada con arco lixeiramente apuntado de dúas arquivoltas apoiadas en columnas de capiteis con decoración de motivos xeométricos. Aínda tamén conserva desta época canzorros na cornixa do beirado do tellado. Xa no resto da fachada, de estilo barroco, destaca a gran espadada, de dous corpos e tres vans con arcos de medio punto e flanqueda en cada cornixa por pináculos piramidais. No oco do seu segundo corpo podemos ver a figura da Virxe. Accédese ao adro, que está rodeado dun muro de pedra, por entrada con catro chanzos de forma semicircular e flanqueada por pináculos de copa. Formando parte do paramento dun muro podemos ver os restos dun baldaquino renacentista. A 150 metros ao suroeste do templo está o castro de Dozón.
As fotos da ficha son cortesía de Angel L. Utrera Baza.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5838485764
Lonxitude: -8.02253007889
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84