
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Valeixe (Santa Cristina)
Lugar: As Touzosas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Peto de ánimas de tipo pechado que consta dunha dunha fornela con cuberta a dúas augas e repisa.
No interior podemos ver a fornela arqueada cunha decoración en relevo dunha cruz con molduras.
O retablo, que aparece protexido por un enreixado, mostra na parte superior as imaxes de dous anxos sobre un conxunto de cinco pequenos anxos entre as nubes. Na parte media podemos ver a Santo Antón nunha nube. E na parte baixa aparecen cinco ánimas entre as lapas do Purgatorio, unha delas cunha coroa na súa cabeza.
O caixón das esmolas, na repisa, está sen tapa.
Aparte da maleza que comeza a tapar o peto, por debaixo da fornela aparecen unhas ánimas inscritas na pedra. Nalgún momento foron tapadas con cemento.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA006.PDF (Páxina 1)
BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Este peto atópase no muro dunha antiga casa que hoxe en día se atopa en ruínas.
Onde está localizado
Latitude: 42.1560647623Lonxitude: -8.28349024057
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 8, 2016
Detalle das ánimas inscritas na pedra e parcialmente ocultas polo cemento.