Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Bergondo (San Salvador)
Lugar: Castro Eiroas
Outra denominación do ben: Castro de Bergondiño
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Trátase dun asentamento fortificado situado a 142 metros de altura sobre o nivel do mar. O xacemento no seu conxunto vén sendo circular cun diámetro aproximado duns 195 metros e cunha superficie total dunhas 3´,2 Ha. A súa croa, no centro do xacemento é ovalado cunhas medidas de N-S duns 90 metros por uns 110 metros de L-O. Está defendido por un impresionante parapeto cunha caída ó exterior que vai dos 5 metros aumentando ós 7-9 metros, e cara ó interior pode chegar ós 1,5-2 metros. Ollamos que na parte norte e na leste, por onde ten a súa entrada orixinal á croa, unhas excavacións no terreo que semellan que foron para recoller terra ou mesmo pedra. Dende a zona oeste, sur e leste pegados ó exterior da defensa da croa, temos unha terraza duns 25 metros de ancho aproximadamente, que está defendida por un parapeto duns 2-3 metros de altura cara o interior e duns 5-8 metros cara ó exterior, tendo a súa entrada a esta terraza polo Sur.
Ollamos tamén un gran foso que vai dende o sur, oeste e norte, nunha sucesión de parapeto e foso que acadan unha altura duns catro metros.
Este castro é un dos xacementos mellor conservados do concello e cun potencial grandísimo de cara a súa posta en valor. Hai veciños que percorren parte del facendo sendeirismo e comentan que si limparan un pouco o seu entorno, foso, terraza e o seu perímetro exterior, poderían disfrutar mellor del aparte de facer un deporte cardiosaudábel. Dicir tamén que este castro está rodeado doutros castros, por nomear algúns, a 650 metros en liña recta, ó norte, está o castro de Reboredo; a 1,1 Km. ó sur, o castro de Carrio; a 1,5 Km. ó leste, o castro de Montecelo; a 2,1 Km. ó noroeste, o castro de Samoedo, entre outros non citados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai unha lenda que dí que hai unha cova que une o castro Eiroas co mosteiro de Bergondo que se atopa aos seus pés, e hai quen di que atopou a súa entrada. Outra das lendas é que hai túneles que van dar á Ponte do Pedrido e que servían para escapar da guerra.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3266481085
Lonxitude: -8.23952794162
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84