
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Ouces (San Xoán)
Lugar: Reboredo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Trátase dun asentamento circular duns 216 metros de diámetro a unha altura duns 108 metros sobre o nivel do mar. A súa croa, ovalada, ten unhas dimensións duns 127 metros de L-O por uns 148 metros de N-S. No centro da croa ten unha elevación, tamén ovalada, que pode acadar pouco máis de dous metros de altura, ten unhas dimensións de 67 metros de L-O por 93 de N-S. Esta elevación está chea de eucalipto novo. A croa está defendida por terraplens que van dos 3 a 5 metros de altura agás, na parte leste que non chega ós dous metros e a súa pendente e moito máis suave. Cinguindo á croa, unha terraza duns 25 metros de ancho na parte oeste, aumentando aos 28 metros na parte norte, ata chegar á parte leste, na que terraza vai dos 50 a 65 metros de ancho. Esta terraza está defendida por terrapléns que poden acadar os tres metros de altura. Na parte sur, pegado o terraplén e a terraza leste, hai unha finca valada coa súa vivenda. A superficie total que pode acadar o castro de Reboredo é dunhas 3,3 ha.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3332677216Lonxitude: -8.24012070916
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Out 10, 2018
A prensa escrita do 8 de outubro de 2018 recolle a nova dos traballos arqueolóxicos que se levaron a cabo neste castro.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/bergondo/2018/10/08/castro-edad-hierro-medio-reboredo/0003_201810H8C6991.htm
No mesmo enlace aparece escrita unha lenda sobre o castro:
«había un túnel dende a zona desta leira pola que dicían que collían aos camelos para chegar neles ata a praia de Gandarío”.
Oscar Franco says:
Out 7, 2019
A prensa dixital do 3 de outubro de 2019 anuncia a segunda intervención arqueolóxica neste castro:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/bergondo/2019/10/03/bergondo-promueve-segunda-intervencion-castro-reboredo/00031570099944768325107.htm
https://galego.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2019/10/04/bergondo-hara-segunda-intervencion-castro/1440727.html