Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Cañiza / Paradanta (comarca)
Parroquia: Parada de Achas (Santiago)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa feita no ano 1891 a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, con planta de cruz latina e cuberta a dúas augas, agás no presbiterio que é a catro.
De todo o conxunto destaca a altura da súa fachada principal. A porta de acceso, con arco escarzano, posúe sendas fiestras no seu lateral. Por riba dela destaca unha froma escultórica a modo de capela na que podemos ver unha imaxe de Santiago. Aos seus pés unha cartela feita en mármore onde se gardan as cinzas do devoto que mandou reconstruír esta igrexa.
O conxunto remata nunha torre campanario con dous corpos superpostos. O primeiro cuadrangular e o segundo octogonal, aberto por catro caras e coroado cunha bóveda e unha cruz de ferro.
Nos muros exteriores das capelas podemos ver cartelas con inscricións. Unha delas di o seguinte:
“HIZOSE ESTA CAPILLA DE ANIMAS AÑO 18(??) SIENDO ABAD D. FRANCº VILARIÑO”
Esta igrexa foi feita sobre outra anterior de época románica, da que aínda se conservan restos.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA002.PDF
(Páxina 8)
http://arteenmipueblo.blogspot.com.es/p/parroquia-parada-de-achas.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.17337914
Lonxitude: -8.30478429794
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84