Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergondo
Parroquia: Bergondo (San Salvador)
Lugar: Carrío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Asentamento fortificado situado uns 197 metros sobre o nivel do mar e a uns 130 metros da estrada xeral no lugar de Carrío. É un recinto ovalado duns 197 metros de NO-SL por uns 157 metros de NL-SO acadando unha superficie dunhas 2,3 Ha. O recinto central ou croa, tamén ovalado, ten unhas medidas duns 105 metros de NO-SL por uns 83 metros de NL-SO cunha superficie duns 7000 metros cadrados. Está defendido por un parapeto onde acada a súa maior altura pola cara Noroeste. Esta zona central está cinguido por unha terraza duns 27 metros de ancho polo norte, 23 metros no Oeste, 14 metros no sur para ir crecendo ata os 40 no leste e ir decrecendo no seu ancho cara ó norte. Na zona sur, semella haber outra terraza que vai dos 14 metros de ancho ata os 25 metros.
Actualmente a presión urbanística residencial, máis concretamente pola súa metade Leste e parte da cara norte e oeste, fan desvirtuar moito este xacemento e sen posibilidade de acceso polo valado destas vivendas, aínda que é accesible polo norte e suroeste.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3163685726Lonxitude: -8.23323324325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Abr 13, 2016
Plano de pendentes cos castros de Reboredo, Eiroas (ou Bergondiño) e Carrío http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0045A-0701.pdf
Toenber says:
Xuñ 21, 2021
Hola, este Castro está siendo explotado como plantación de eucaliptos sin ningun control por parte del ayuntamiento ni la administración competente en este tema.
Me gustaría saber cómo se puede parar dicho uso y a qué lugar dirigirse para denunciarlo.
Un saludo