Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo (Centro Cidade)
Lugar: Rúas Santa Marta e San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación feita en pedra granítica, con cuberta a dúas e tres augas.
O edificio sufriu diversas ampliacións entre as que se atopa a proxectada en 1956 por Antonio Cominges Tapias, que mantén a sobriedade e austeridade do edificio primitivo. Dentro do conxunto aínda se conserva o claustro porticado, único exemplo de construción deste tipo que se conserva na cidade olívica

Este edificio ten a súa orixe nunha desaparecida ermida do século X propiedade do Mosteiro de Melón. No ano 1551 o freire franciscano Juan Pascual, logo de falar coa nobre familia de Cadaval (arrendataria desta parte da comarca) establece unha pequena comunidade neste lugar. En 1589, debido ao saqueo de Vigo emprendido polo pirata inglés Francis Drake, a igrexa foi destruída e comeza a edificarse novamente en estilo barroco galego en 1774. Este convento e os seus relixiosos xogaron un papel moi relevante durante a Reconquista, coa participación activa de algúns deles.

Despois da desamortización de Mendizabal en 1887, o edificio foi Casa da Caridade. Hoxe en día é Fogar Infantil e acolle o Comedor da Esperanza.

Na súa fachada principal podemos ver o peto de ánimas de San Xosé (http://patrimoniogalego.net/index.php/75441/2015/06/peto-de-san-xose-ii/) e a igrexa de san Francisco ao seu carón.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://psanfranciscovigo.blogspot.com.es/p/historia.html
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/10/06/instalados-berbes-mediados-siglo-xvi/890751.html
http://alfesculturasymonumentos.blogspot.com.es/2012/11/iglesia-de-san-francisco.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2363877631
Lonxitude: -8.73115897179
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84