
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Muros / Muros (comarca)
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Campo das Cortes
Outra denominación do ben: A Fonte
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Accédese dende unha escaleira que baixa até os lavadoiros. Formado por tres grandes pías retangulares de cantería que levan na súa fronte pezas inclinadas para o lavado da roupa. Ao lado está a fonte antiga, de cabaliño, da que se aproveita a agua que corre por unha canle para encher as pías. Debido ás últimas obras na estrada, esta fonte queda inutilizada e instálase outra ao outro lado do recinto, cámbianse tamén as escaleiras de acceso que pasan de estar fronte das pías para baixar por detrás da fonte. Cóbrese todo cun cabanel formado por unha armazón de trabes de madeira que apoian en oito piares de cantería, que descansan en bases prismáticas de diferentes alturas para salvar o desnivel do terreo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.
José Ramón Soraluce Blond, Xosé Fernández Fernández.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA019.PDF
pax. 1
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7701472826Lonxitude: -9.05707418919
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Out 27, 2011
Coma información adicional, engadir o enlace á ficha (denominada “Fonte e lavadoiro en Muíño do Vento”) do catálogo do PXOM (2010)vixente en Muros:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA019.pdf