
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bergondo
Parroquia: Lubre (San Xoán)
Lugar: Lubre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa construída a finais do século XIX, por desgraza seguindo outras desafortunadas actuacións, foi edificada no mesmo terreo sobre o que con anterioridade estaba asentada a primitiva igrexa do século XV.
Está formada por unha nave rectangular cuberta a dúas augas cunha capela maior na cabeceira, de forma trapezoidal e máis estreita cá nave, cuberta a tres augas. Engadida no lateral do evanxeo e parte do lateral da nave, está a sancristía.
A fachada principal, de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, de abaixo arriba, sitúase a porta principal de acceso rectangular. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular, pero o lado superior vén sendo un arco rebaixado. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana e flanqueada nos seus laterais por uns pináculos piramidais. Na base da espadada hai unha inscrición que pon: “SE HIZO SIENDO CURA PÁRROCO DON MANUEL ROCHA Y VIA. AÑO DE 1883”. Como xa dixemos antes, remata o conxunto unha espadana dobre, que se atopa decorada cun frontón culminado por pináculos. Nos panos dos seus muros, recebados e pintados, contrastan as pezas de pedra á vista dos esquinais e contornos de vans.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ; FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1995.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3226138063Lonxitude: -8.25922921303
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




