Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Rellas (San Martiño)
Lugar: Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular feita con muros de sillería e con tellado a dúas augas na nave e a catro no presbiterio, que vai máis elevado que o resto do templo. Na fachada, porta alintelada e unha ventá sobre ela. Do cume da fachada, e sobre base rectangular flanqueada por pináculos de bóla, levántase a espadana de dous corpos, o primeiro con ocos de arcos de medio punto para albergar as campás e o segundo, a modo de frontón semicircular, cun van rematado en arco de medio punto e decorada con catro pináculos de bóla e na cima outro coroado por cruz de forxa e viraventos. No muro norte leva outra porta lateral alintelada e escaleiras formadas por lousas de pedra na parte superior e polas que se accede ao campanario. Chégase a zona do adro que está díante da entrada da igrexa, por escaleiras de pedra e entrada con grandes pináculos piramidais a ambos lados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://silleda.es/PXOM/Parroquias/27%20Rellas/Cat%E1logo/2701.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7058751073
Lonxitude: -8.29075098038
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84