
Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Deza (comarca) / Silleda
Parroquia: Rellas (San Martiño)
Lugar: Torrevedra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Muíño único na comarca do Deza polas súas características e dimensións. O edificio data do ano 1810 segundo a inscrición que reza na entrada. Feito a base de pezas de perpiaño e con tellado a dúas augas con cuberta de tellas do país. Nos lenzos dos muros ábrense vans a tramos regulares e destacan os grandes ocos dos catro infernos da parte inferior construídos con perpiaños irregulares. Presentan un remate superior alintelado cun perpiaño longo sobre outros dous amochetados delimitando a entrada.
Ten unha superficie de 82 m² e catro moas, o que o converte nun dos máis grandes dos muíños de maquía a onde acudían os veciños para obter a fariña. Está na marxe dereita do río Toxa e na zona onde se atopa coa canle do rego de Escuadro, podendo así dispor de gran cantidade de auga para o funcionamento dos seus rodicios. Foi rehabilitado no 2008 e accédese a el por unha pasarela de madeira. Atópase nun lugar de gran valor paisaxístico con arboredo autóctono, e moi cerca do outeiro onde posiblemente se alzaba unha pequena torre, o Coto do Castelo, que puidera dar lugar ao topónimo da aldea, A Torrevedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.711618359Lonxitude: -8.28541874886
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




