Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Bergondo
Parroquia: Ouces (San Xoán)
Lugar: Casal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena capela rectangular fundada no século XVII pola muller de Don Gregorio de Pazos, un nobre do lugar que ademais foi Rexedor da Coruña. Está muller chamada dona Margarita Vallo, fundou e dotou a capela de San Gregorio, advocación en lembranza ó seu home, no lugar de Casal de Ouces, onde moraba o matrimonio.
Restaurada recentemente por encargo do seu propietario, D. Plácido Atilano Sousa Santos, máis concretamente no ano 2014, xa que a mediados do século XX, por culpa dun incendio, sumíuse nun total abandono e destrucción parcial da pequena capela.
Os muros laterais, de cachotería, están recebados e pintados de branco, ábrense unhas xanelas rectangulares coa pedra á vista. A fachada, de boas pezas de cantería á vista, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de arco de medio punto. Sobre o ingreso, ollamos unha pedra armeira coas linaxes propias das familia fundadora; Os Vallo, Pazos e Aldao. Remata o conxunto unha pequena espadana dun arco de medio punto onde se sitúa a campá.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3350855182
Lonxitude: -8.25290746976
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84