Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña (comarca) / Bergondo
Parroquia: Ouces (San Xoán)
Lugar: Aldea Tatín, Ouces
Outra denominación do ben: Cruceiro da igrexa de San Xoán
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico achafranado. Ten unha mesa exenta. O varal é cadrado con bocel. Leva un capitel tronco-piramidal invertido con astrágalo cuadrangular e liso. O ábaco é de lados rectos e ten volutas e follas de acanto. A súa cruz é rectangular con pedestal, brazos achafranados e remates de forma potenciada. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans abertas. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas. O pano de pureza semella ir anoado diante. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000000831
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I, Deputación Provincial da Coruña, 1999.

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF (Pax. 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3380822762
Lonxitude: -8.24181798848
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84