Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña (comarca) / Bergondo
Parroquia: Ouces (San Xoán)
Lugar: Tatín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de orixe románica, do século XIII, confirmada polo sarcófago cunha imaxe xacente do fundador do templo. Esta foi rematada no ano 1248 pero, como na maioría destas igrexas, foi reedificada no século XVII.
Ten planta de cruz latina e consérvanse os arcos románicos no presbiterio e os que comunican a nave central coas capelas laterais, a de San Xosé e a dos Dores, xa de data posterior, o mesmo que o resto da edificación. No seu interior tamén se conservan, ademais do sarcófago medieval sobre catro columnas antes nomeado, un viril do ano 1674, un cáliz de prata e unha imaxe da Virxe dos Dores do século XVIII.
A fachada principal segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta principal de acceso, con arco de medio punto con doelas. Sobre o ingreso unha xanela rectangular cunha moldura que sobresae do plano da fachada. Remata o conxunto unha espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven para aloxa-las campás. O segundo un frontón triangular con outro arco de medio punto pero de menos tamaño cos do primeiro corpo. Este frontón está flanqueado por dous pináculos con bóla e rematado no seu vértice por outro pináculo igual cos anteriores, tendo enriba deste, unha cruz de forxa.
A fachada principal está construída en fábrica de sillería, mentres co resto é de cachotería e nos muros laterais hai dous contrafortes de formigón.
No adro da igrexa ollamos uns sepulcros medievais que fan as veces de bancos para descanso do visitante ou fregués e que non pasan desapercibidos pola súa fermosura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000000832
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ; FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1995.

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF (Pax. 1, 11)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3369393369
Lonxitude: -8.24067860847
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84