Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Ribeira
Parroquia: Carreira, Artes, Olveira
Lugar: Ribeira
Outra denominación do ben: Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, e un área natural do extremo occidental da península do Barbanza. A enseada sedimentaria de Corrubedo é un amplo entrante delimitado por acantilados baixos e, cara ao interior, por unha serie de pequenas elevacións. Constitúe un sistema de praia-barreira composto por un grande areal cun extenso campo dunar asociado a pequena lagoa de Carregal e unha área de marismas. A riqueza deste sector motivou a súa inclusión no RAMSAR, e que posteriormente a Xunta decretase un réxime de protección para o espazo. Amosa unha enorme variedade de dunas en diferentes estadios de evolución, pero o elemento dominante de este conxunto é a gran duna móbil. Atópanse plantas psamófilas e halófilas e unha gramínea, a Ammophila Arenaria, que é a responsable da estabilización das dunas. Tamén é relevante a diversidade biolóxica que existe entre as lagoas e o Parque, provocado pola diferente salinidade das súas aguas. Existen 150 especies de vertebrados, como as aves acuáticas, moitas en perigo de extinción como a gatafornela, e outras non habituais en Galicia como o picaxuncos ou a folosa. Conta coas seguintes infraestruturas: Centro de Recepción de Visitantes,Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral de Galicia, cafetería restaurante na praia do Vilar, paneis informativos , e observatorio de aves.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace á páxina da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
https://goo.gl/229Rnv


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5631958329
Lonxitude: -9.0311050415
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84