
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña (comarca) / Bergondo
Parroquia: Santa Marta de Babío (Santa Marta)
Lugar: Castro de Santa María de Babío
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico rematado cun bocel e mediacana. Na cara do anverso do pedestal, ten unha placa de granito que pon: “RESTAURADO POR DONACIÓN DE UN FELIGRÉS. 1996” Ten unha mesa exenta. O varal comeza cadrado no seu primeiro terzo para rematar octogonal. Nunha das caras do varal pegado ó pedestal ten unha inscrición que pon: “ANO…”. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo octogonal e ábaco de lados rectos. Está moldurado con ornamentación vexetal. A súa cruz é cuadrangular cun lixeiro chafrán nos seus brazos. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O pano de pureza semella ir amarrado cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans sobre o peito sostendo un rosario. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación. Dicir que este cruceiro atopábase roto ata que coa doazón dun fregués puido restaurarse. Restauración levada a cabo pola primeira muller canteiro de Galiza, Yolanda Cao Menéndez, unha artesá e artista que está ao fronte do obradoiro Canteros del Valle Cao.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
ENLACES WEB
http://artesaniadegalicia.xunta.es/artesanos/catalogos/canteros-del-valle-cao
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.3144727978Lonxitude: -8.25306046757
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Pablo says:
Ago 7, 2025
Como curiosidad, justo al lado de este cruceiro hay un vértice geodésico, lo que indica que antaño desde la posición que ocupa el monumento debería haber una buena panorámica, hoy cegada por eucaliptales.
Muy cerca del cruceiro hay una caseta que probablemente debió usarse para una antena, y ahora ya no parece tener ningún uso, por lo cual quizá sería conveniente demolerla, eliminando este potencial “cagadero” y mejorando el entorno del monumento.
Vixacaj says:
Dec 6, 2025
Si la caseta es la de la foto, era un pozo, tapiaron la puerta hace decadas, no se el estado actual. Hay otra casetas cercanas para las antenas de telefonia, al menos 3.