
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Coruña (comarca) / Bergondo
Parroquia: Lubre (San Xoán)
Lugar: Armuño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Antigo pazo reedificado con capela señorial independente. Fachada principal con porta de inspiración gótica. O edificio está formado por varias corpos dos que sobresae unha gran torre ameada. Modificado na súa totalidade, só se conserva a torre orixinal, aínda que restaurada; a esta apégaselle a vivenda actual, de arquitectura tradicional da zona. Cinguido dunha extensa muralla, o pazo ten coidados e xeométricos xardíns. A maior información histórica transmítena os escudos existentes na fachada, que foron deixando cada unha das liñaxes que habitaron o pazo como o marquesado de Figueroa, Bermúdez ou Boado. O pazo posúe calabozos antigos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta: RI.000000818
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Conta a lenda do “Peito Bordel” ou tributo das 100 doncelas, como no intento de secuestro das fillas de Fernán Pérez de Acuña, señor do pazo de Armuño, para utilizar como tributo ó nobre moro Peito Bordel, os irmás destas doncelas botáronse contra o inimigo e derrotárono armados soamente con ramas de figueira, no lugar de Ouces.
Consérvase un romance de Herbella de Puga, do ano 1814, que fai referencia a este suceso:
Presentados los Figueroas,
que heroicos recuperaron
de los moros las doncellas
del feudo de Mauregato.
Cuando al ver que las llevaban
cautivas, perros malvados,
para su Peito Burdelo,
valientes se abalanzaron
a unos ramos de higueras
con los cuales batallaron
vencido el enemigo,
quedaron dueños del campo,
restituidas las doncellas
a sus casas y palacios,
y cinco hojas de higuera
en su escudo colocaron.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
ÁLVAREZ GALLEGO, G.: “Los Pazos”. Cuadernos de Arte Gallego, Vigo, 1963.
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ; FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Volumen I. Deputación Provincial da Coruña, 1995.
VAAMONDE LORES, C.: “La Casa de Armuño”. Boletín da Real Academia Galega, Nº 38-39. A Coruña, 1910.
ENLACES WEB
http://bergondo.es/turismo/historia/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BERGONDO/documents/1042CA071.PDF (Pax. 2, 23)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.317404538Lonxitude: -8.27291920784
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




