Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Tirán (San Xoán)
Lugar: O Con
Outra denominación do ben: Pazo de Mendez Núñez // Granxa do Con
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Edificación datada entre a segunda metade do século XVIII e a primeira do XIX, feita a base de perpiaño granítico con planta rectangular e teitume a dúas augas. os seus muros aparecen recebados con cemento.
O pazo posúe baixo e primeiro andar. Este último presenta xanelas enmarcadas.
O conxunto sufríu diferentes reformas que modificaron a súa traza arquitectónica.
O pazo, relacionado co contralmirante D. Casto Méndez Núnez, atópase dentro dunha finca na que tamén podemos ver un pombal, un hórreo de sete vans, unha capela e diferentes árbores senlleiras como piceas, aligustres, tuias e outras árbores frutais cítricas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A finais do mes de decembro de 2024 este ben inmoble foi incluído na Lista Roja da web hispanianostra.org (ver referencia web).


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.concellodemoana.org/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=26
(Ficha de elementos arquitectónicos nº 50. PXOM ano 2010)
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=20361&ctre=36
http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/estado-ruinoso-pazo-real-preocupa-moana/20120510070035179352.html
http://bibliomoana.blogspot.com.es/2014/06/granxa-salgadeira-e-pazo-do-real-por.html

https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2025/12/09/salvar-pazo-real-moana-124581462.html

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. INVENTARIO PAZOS Y TORRES. TOMO 2. REDONDELA – PENÍNSULA DEL MORRAZO. Tomo . Ed. Asociación Amigos de los Pazos. 1974.

LISTA ROJA WEB (hispanianostra.org)

Pazo El Real


https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2025/01/07/xunta-atribuye-pxom-dueno-pazo-113167715.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O conxunto atópase totalmente abandonado. A maleza cubre toda a finca.
No ano 2009 un incendio queimou parte do teitume.


Onde está localizado

Latitude: 42.2763651089
Lonxitude: -8.73653545976
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84