Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Agolada / Deza (comarca)
Parroquia: Trabancas (San Mamede)
Lugar: O Val
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Castro situado a 614 metros de altitude e situado na planicie erosiva de Agolada. Está próximo ao rego do Val, que o rodea polas bandas norte e oeste. Conserva a metade oriental do seu recinto principal. O eixo N-S ten unhas dimensións de 105 m. no exterior e 75 m. no interior, mentres que o que queda do eixo L-W son 75 m (exterior) e 60 m (interior), cun total de 90 m. A croa conserva terraplén e todo o perímetro conservado, cunha altura de 3 m. cara ao SL. Presenta parapeto que vai desde o L-SL-S e unha altura de 1 m. cara ao SL. O parapeto está percorrido por un valado, pero que ten restos de muralla baixo o mesmo, este dato aparece confirmado na información da ficha do inventario (Carballo, 1987). No libro de Antonio Presas descríbese a muralla de paramento de mampostería granítica que continúa cara o sur, completando o resto do perímetro cun terraplén.
No SL obsérvase un tramo de foso, duns 60 m, aínda que moi pouco marcado (apenas 1 m. de fondo). No voo Americano de 1956 – 1957 pódese observar que a croa do castro aínda estaba completa. As defensas, no sector occidental deste recinto, foron destruídas no ano 1987. Segundo recolle a ficha do inventario “Cerámica castrexa, muíños de man circulares e barquiformes, e escouras de fundición” (Carballo, 1987). Foto da ficha: Angel L.Utrera Baza. A imaxe secundaria é un plano lidar da páxina do CDIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 36020038
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Presas García, Antonio. García Porral, Xoán Carlos. O mundo dos castros:
A comarca de Deza ED. Faro de Vigo, ISBN libro impreso 978-84-616-7983-6
Dep.Leg. PO-8 2014
Ficha no catálogo dos castros da Agolada. Deputación de Pontevedra
http://goo.gl/YYnj7P pax 76 e seguintes
Carballo Arceo, L.X. (1987) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”.
CARBALLO ARCEO, L.X. (2001) A Cultura Castrexa na Comarca de Deza. Col. Deza Básicos nº 4.
Lalín: Patronato Cultural de Lalín, Seminario de Estudios de Deza, Concello de Lalín.
http://ospendellos.blogspot.com.es/2016/05/castro-de-val-trabancas-agolada.html?spref=fb


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7644533944
Lonxitude: -7.98109531403
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84