
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Moaña / Morrazo (comarca)
Parroquia: Tirán (San Xoán)
Lugar: O Con
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Capela pertencente ao Pazo do Real (http://patrimoniogalego.net/index.php/85894/2016/05/pazo-real/), feita a base de perpiaño granítico concertado. Posúe planta rectangular e teitume a dúas augas con remates en pináculos.
Na fachada principal, a única que aparece encalada, podemos ver a porta de acceso. Por riba dela un pequeno escudo con coroa coas armas do Marqués de Méndez Núñez. Máis arriba un ocelo con derrame interno da paso a unha espadana dun só oco que remata en cruz pétrea e pináculos de bóla nos extremos.
Nesta capela estiveron soterrados os restos do Almirante Casto Méndez Núñez ata o ano 1883, entre maio e xuño, cando Afonso XII mandouno trasladar ao panteón de Mariños Ilustres de San Fernando (Cádiz).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A finais do mes de decembro de 2024 o pazo do Real, e por extensión a capela desta ficha catalográfica foron incluídos na Lista Roja da web hispanianostra.org (ver referencia web).
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.concellodemoana.org/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=26
(Ficha de elementos arquitectónicos nº 4. PXOM ano 2010)
http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/estado-ruinoso-pazo-real-preocupa-moana/20120510070035179352.html
http://bibliomoana.blogspot.com.es/2014/06/granxa-salgadeira-e-pazo-do-real-por.html
http://blog.todoavante.es/?p=37
BIBLIOGRAFÍA
Landín Carrasco, Amancio(Coronel Auditor de la Armada). MÉNDEZ NUÑEZ, DE CARNE Y HUESO. Cuadernos monográficos del Instituto de Historia y Cultura Naval, Nº 22. Madrid, 1993 (http://www.armada.mde.es/ArmadaPortal/page/Portal/ArmadaEspannola/mardigital_revistas/prefLang_es/04_cuadernosIH?_pageNum=5&_pageAction=goTo)
LISTA ROJA WEB (hispanianostra.org)
https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2025/01/07/xunta-atribuye-pxom-dueno-pazo-113167715.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2758989273Lonxitude: -8.73670041561
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
franjopadin says:
Mai 11, 2016
Hai algo mal, porque en 1883 Alfonso XIII aínda non nacera. (Borrade este comentario en canto teñades a ben corrixilo) 😉
Oscar Franco says:
Mai 11, 2016
Certo. Colóuseme un I, compañeiro FRANJOPADIN. O correcto é Alfonso XII.
Grazas.
Angel says:
Xan 17, 2021
A capela esta que da pena, chea de suciedade e rota pola xente que fai botellón dentro.